Protocolo para a selección de persoal colaborador

A súa selección realízase segundo o procedemento aprobado polo Consello Reitor da AEI o día 30 de xullo de 2026, elaborado co asesoramento e o visto e prace do seu Comité Científico: PROTOCOLO DE PERSOAL COLABORADOR 2026

En función da responsabilidade e das funcións, a colaboración pode ser de tres tipos: Presidencia, Coordinación ou Xestión. En xeral:

  • O/a presidente/a éo dunha Área Científico-Técnica. Para iso, precisará unha visión xeral da ACT, dos grupos e investigadores/as españois que se dedican a ela, do seu liderado con respecto a outros países da nosa contorna, das tendencias, das necesidades de recursos e da distribución institucional e xeográfica.
     
  • O/a xestor/a forma parte do equipo de colaboradores/as dun subámbito ou dunha Subárea Científico-Técnica. Baixo a dependencia da Coordinación da súa subárea, os/as xestores/as son responsables —xunto coa propia coordinación— de elaborar informes de avaliación e seguimento, seleccionar expertos/as, participar en comisións, analizar e resolver alegacións, incidencias e outros trámites relacionados coas actividades financiadas.
     
  • O/a coordinador/a éo dunha Subárea Científico-Técnica ou dun subámbito da área. Baixo a dependencia da presidencia da súa ACT, coordinará a elaboración de informes de avaliación e seguimento, a selección de expertos/as, o desenvolvemento das comisións, a análise e a resolución de alegacións, incidencias e outros trámites relacionados coas actividades financiadas.

Tal como se describe no protocolo, na selección dos/as novos/as colaboradores/as participan o Comité Científico Técnico, a Dirección de Xestión Científica e Tecnolóxica, o persoal directivo e a Dirección da AEI. O procedemento varía segundo o tipo de colaborador/a (presidente/a, coordinador/a ou xestor/a) e segundo a súa colaboración vaia estar adscrita á Dirección de Xestión Científica e Tecnolóxica ou non.